Máis dun milleiro de marroquís entran en Ceuta de xeito ilegal
Publicado o 17/05/2021 20:41

A fronteira española en Ceuta viviu unha nova xornada de tensión. Preto de cincocentos marroquíes cruzaron o espigón fronteirizo do Tarajal, ante a pasividade dos axentes marroquís. Únense ao milleiro de inmigrantes que desde a pasada madrugada entraron na cidade autónoma a nado.
A nova avalancha prodúcese tras varias semanas de tensión diplomática con Marrocos pola decisión de España de acoller nun hospital ao líder da Fronte Polisario.