CRTVG

Buscar

Máis dun cento de profesionais traballaron nunha retransmisión con grandes retos tecnolóxicos

Publicado o 30/06/2020 08:36

O de este luns foi un debate sen precedentes, marcado en boa medida pola situación provocada pola COVID-19.

Máis dun centenar de persoas traballaron durante semanas no deseño, montaxe e distribución de espazos para garatir a seguridade e tamen ofrecer un debate marcado pola pluralidade coa presenza de sete formacións. Medios humanos e tamén técnicos cun amplo dispositivo de cámaras, equipos de son e iluminación para recoller minuto a minuto os candidatos desde a súa chegada as instalacións desta casa.

Co reto de garantir e seguridade e tamén a pluralidade democrática coa participación de sete candidatos, un cento de persoas traballaron durante semanas na montaxe dos diversos escenarios empregados para esta cita. Tres controis de realización coordinaron o sinal realizado de cada un dos espazos. Dende o set onde os candidatos fixeron unha primeira intervención tras ser recibidos á súa chegada, o paso polo corredores e ata o plató principal onde se desenvolveu o debate.

A televisión publica habiltou o estudio 5 o máis grande do que dispón con 500 metros cadrados para montar o escenario principal deste evento. Un estudio moderno, tecnicamente perfecto en cun gran reto de iluminación e son, con atrís iluminados, pantallas onde os candidatos podian seguir os tempos, dez cámaras activas para a emisión en directo e unha pantalla led semicircular de máis de vinte metros que serviu de fondo aos aspirantes á presidencia da Xunta.

Implementación de medios técnicos e tamén humanos cun incremento de equipos de seguridade, de limpeza, maquillaxe e peiteado, estilismo, xornalistas, persoal de produción, realización, iluminación e son, entre outros, para ofrecer todas as garantías nesta cita que foi retransmitida en directo pola Radio Galega, así como polos diversos medios dixitais da CRTVG.

 

Noticias web

30/06/2020