CRTVG

Buscar

Máis dun cento de hostaleiros da Guarda piden medidas contra a vaga de roubos

Publicado o 08/07/2019 14:16

Unha cafetería do centro da Guarda foi o último obxectivo dos ladróns. Entraron pola porta principal de madrugada tras romper varios cristais e levaron consigo a recadación da máquina comecartos.

Pero esta situación comeza a ser unha constante dende hai uns meses. Dende que comezou o ano, máis de cen establecementos sufriron as visitas dos ladróns. Daquela dúas persoas foron detidas.

Os comerciantes e hostaleiros da zona xa presentaron no Concello centos de sinaturas amais de denunciar estes feitos. Solicitan máis vixilancia nocturna, pero de momento non obtiveron resposta. Os propios afectados están conectados entre si para avisárense de posibles sospeitas.

Nesta tenda de decoración, a alarma e as propias cámaras de seguridade disuadiron os ladróns. A colaboración cidadá tamén é fundamental. Un veciño logrou gravar a fuxida de dúas persoas cando acababan de roubar nesta cafetería. As imaxes xa foron requiridas pola Policía Científica.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019