CRTVG

Buscar

Máis dun cento de detidos en Belarús contra a investidura de Lukashenko

Publicado o 23/09/2020 22:41
Máis dun cento de detidos en Belarús contra a investidura de Lukashenko

Máis de 145 persoas foron detidas hoxe en varias cidades de Belarús, a maioría na capital, en protestas contra a investidura do presidente do país, Alexandr Lukashenko, segundo a organización de dereitos humanos Vesná.

A Policía empregou canóns de auga para dispersar os manifestantes e recorreu en ocasións a gas lacrimóxeno e á violencia para deter aos manifestantes pacíficos, segundo se pode apreciar nas imaxes difundidas polas redes sociais.

Miles de cidadáns saíron á rúa este mércores despois da cerimonia de investidura non anunciada, en que Lukashenko asumiu o seu sexto mandato a pesar da onda de protestas postelectorales que desde hai sete semanas esixen sen descanso a súa renuncia. Segundo os datos oficiais, Lukashenko, no poder desde hai 26 anos, foi reelixido co 80,1 % dos votos nas eleccións do 9 de agosto pasado, resultado que é rexeitado pola oposición e gran parte de países occidentais.

O acto levouse a cabo no medio dun gran segredo e a información sobre a toma de posesión de Lukashenko comezou a filtrarse nos medios simultaneamente coa cerimonia.

Noticias web

23/09/2020