Máis dun cento de deportistas españois, pendentes da clasifcación olímpica
Xa hai 200 deportistas españois clasificados para os Xogos Olímpicos. Se todo transcorre con normalidade, quedan algo máis de 100 para completar a delegación que viaxará a Toquio. Entre eles, a maioría dos deportistas galegos.
A valdoviñesa Alicia Fernández pode ser a seguinte en conseguir o billete olímpico. A selección de balonmán disputará a vindeira semana o preolímpico en Valencia e a porta pechada. Tamén está garantida a celebración do preolímpico de boxeo a partir do sábado en Londres.
A incerteza non só afecta o período de clasifcación. Tamén á celebración dos propios Xogos. A gobernadora de Toquio dixo que é impensable cancelalos. Trump suxírelles aos xaponeses a cancelación.
"Non imaxino uns xogos olímpicos sen que se permita a entrada da xente. Se cadra, poderían pospoñerse un ano. Pode ser que o fagan se é posible. E pode ser que non o sexa".
Se non hai novidades, en piragüismo os selectivos disputaranse dentro dun mes, e en tríatlon, a clasificación rematará o 11 de maio. Gómez Noya está en praza a falta da proba de Bermuda, prevista para dentro dun mes.
O tenis suspendeu os torneos das vindeiras seis semanas. Nin Nadal, nin Muguruza ven comprometida a clasificación. Non se disputará o mundial 470 de vela, en que partían como favoritos o catalán Jordi Xammar e o vigués Nicolás Rodríguez, xa clasificados para os Xogos.