CRTVG

Buscar

Máis dun 3 % de positivos no cribado da Cañiza, a porcentaxe máis alta na área de Vigo

Publicado o 03/02/2021 16:50

O 3,08 por cento das 1.587 que se presentaron ao cribado estaban contaxiadas. A cifra preocupa as autoridades sanitarias e aos veciños da Cañiza.

A taxa de incidencia sobe ata os 2.401 casos por cada cen mil habitantes. As causas deste forte aumento terían a súa orixe en xuntanzas e reunións.

Os números contrastan con outros cribados onde a media en localidades como Ponteareas e Salvaterra de Miño sitúanse por debaixo do 1 por cento. No Rosal foi superior con 1,22 % de positivos pero aínda está moi por debaixo da Cañiza.

Trátase neste momento do municipio ten 139 casos activos, a gran maioría asintomáticos. Ata agora A Cañiza apenas tivera incidencia do virus durante a primeira e a segunda onda.

Noticias web

03/02/2021