Máis do 70 % dos españois pensan que van recuperar a vida anterior á pandemia
Publicado o 09/06/2021 16:24

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicou este mércores unha sondaxe sobre o coronavirus. O 56% de persoas enquisadas pensa que o Goberno central e as comunidades autónomas deberon aplicar medidas máis estritas ante os riscos da pandemia.
Sete de cada dez considera que o coronavirus cambiou a súa forma de vida, de pensar e de coidar a saúde. Aínda así, a maioría amósase optimista. Máis do sesenta por cento cre que recuperará a súa vida anterior á pandemia cando se acade a inmunidade de grupo.