CRTVG

Buscar

Máis do 60% dos casos activos en Ourense son menores de 30 anos

Publicado o 07/07/2021 15:11

Con 220 casos activos por 100.000 habitantes, Ourense é hoxe a cidade das sete galegas con maior incidencia de covid-19 o que obriga a aumentar as restricións. Tamén Barbadás e Ribadavia pasarán a nivel medio o sábado. Máis do 60 por cento dos casos activos da provincia de Ourense son menores de 30 anos. Na rúa, a maioría pensa que detrás do aumento de contaxios na cidade de Ourense están os botellóns. 

A Policía Local e Nacional ante os altercados acontecidos esta fin de semana na zona vella de Ourense pide reforzos para aumentar a vixilancia. Esta suba de contaxios non se traduciu polo de agora nun aumento da presión asistencial, as unidades de coidados intensivos de Ourense non teñen nigún hospitalizado.

Noticias web

07/07/2021