Máis do 20% dos falecidos nos accidentes de tráfico en Galicia son peóns
Publicado o 11/02/2020 21:43
Galicia está entre as comunidades con máis atropelos mortais. Máis do 20% dos falecidos nas estradas son peóns. Boa parte destes accidentes ocorren en zonas rurais, onde hai pouca iluminación, pero ademais destaca o perfil das vítimas, xente maior, con pouca mobilidade e que viste de oscuro. Por iso é importante facerse ver.
Nas cidades, a escasa sinalización e a falta de mantemento dos pasos de peóns tamén xeran polémica. Con todo, na rúa a xente di que a responsabilidade é compartida dado que se adoitan producir despistes tanto de peóns coma de condutores.
Malos costumes coma este tamén se están a converter nun problema. Calcúlase que en España o 98% dos accidentes en que o peón é culpable están relacionados cos dispositivos móbiles.