CRTVG

Buscar

Aumentan en Galicia as denuncias por violencia machista

Publicado o 08/03/2019 13:13
Aumentan en Galicia as denuncias por violencia machista

O 2018 pechou en Galicia con máis denuncias e máis ordes de protección para as vítimas de violencia machista. 6.537 denuncias, o 1,6% máis que o ano anterior e 2.021 ordes de protección solicitadas, preto dun cinco por cento máis que no 2017. Destas, atendéronse tres de cada catro.

Son datos do Observatorio contra a violencia dómestica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. Galicia, co 44%, rexistra unha das taxas de vítimas por cada 10.000 mulleres máis baixas do Estado. Só Castela e León e Estremadura teñen menos.

Noticias web

08/03/2019