CRTVG

Buscar

Máis de vinte persoas no interior e exterior dun pub vigués ás dez da mañá

Publicado o 19/09/2020 21:12

Esta mañá a policía local de Vigo cursou unha denuncia ao dono dun pub por telo aberto ás dez da mañá cando o permiso que tiña era de ocio nocturno Fóra había unhas dez persoas e dentro outra ducia, bebendo e fumando, polo que os axentes tamén denunciaron unha infracción da lei antitabaco. No momento en que entraron no local os clientes si levaban máscaras. Esta fin de semana a policía local está tendo menos traballo xa que a pasada acabou por poñer case 700 sancións por incumprimento das normativas para frear o coronavirus.

Noticias web

19/09/2020