CRTVG

Buscar

Máis de vinte contaxiados por dous gromos no campus de Valencia

Publicado o 01/10/2020 14:34

Mais aló de Madrid, no resto do estado, o gromo rexistrado nun colexio maior do campus da Politécnica de Valencia mantén illados unha vintena de residentes. Detectouse cando 4 dos estudantes deron positivo nunha proba realizada no ambulatorio do campus. Un segundo gromo nesta mesma universidade, con varios contaxiados, obrigou a suspender parte das clases presenciais na Escola de Enxeñeiros Agrónomos.

En Andalucía continúan os cribados nas zonas con maior incidencia do virus, como é o caso da localidade sevillana de Arahal, con preto de 20.000 habitantes.

Noticias web

01/10/2020