CRTVG

Buscar

Máis de tres milleiros de condutores deron positivo en alcohol ou drogas nos meses de xullo e agosto en Galicia

Publicado o 09/09/2021 13:58

Os positivos por consumo de alcohol e sobre todo de drogas entre os condutores galegos elevan a alerta en Tráfico. Nos meses de xullo e agosto, a Garda Civil interceptou máis dun milleiro de infractores no caso das drogas e formulou máis de 2.100 denuncias por consumo de alcohol. Son datos preocupantes tendo en conta que cada ano en Galicia se produce unha media de 500 accidentes en que os condutores superan a taxa de alcohol e tamén se está a detectar un índice importante de consumo de drogas entre os falecidos en accidentes.

Hector Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico: "No que levamos de verán van dez falecidos nas estradas galegas, son dez traxedias que se poderían ter evitado perfectamente, xeralmente por un despiste, pero dóenos especialmente cando a causa son o alcohol ou as drogas, xa que é perfectamente evitable. Un despiste pódeo ter calquera, un fallo pódeo ter calquera, pero cando alguén de xeito voluntario conduce baixo os efectos do alcohol ou das drogas non hai escusa, está na súa man".

Noticias web

09/09/2021