Deteñen cando menos oito persoas en Ourense por tráfico de drogas
Publicado o 16/06/2020 14:41
Macrooperación en Ourense, onde polo menos oito persoas foron detidas tras os rexistros levados a cabo polos axentes da Policía Nacional en varios pisos da cidade.
Unha operación que están a desenvolver en colaboración cos grupos operativos especiais de seguridade de Bilbao, da Coruña, e tamén coa Garda Civil. Tres dos arrestados serían os presuntos líderes dunha rede de distribución de estupefacientes. Nos rexistros, os axentes incautáronse de numerosas doses de cocaína e haxix, tamén cartos, armas e diversos utensilios para manipular a droga. A operación continúa aberta e non se desbotan máis detencións nas próximas horas.