CRTVG

Buscar

Máis de mil subscritores para seguir a misa desde Monforte por Internet

Publicado o 22/03/2020 17:17

Tempo de confinamento na casa e as igrexas están baleiras, pero os fieis desta parroquia de Monforte de Lemos poden seguir as misas co seu cura de sempre. José Luis Vázquez grávaas para emitilas logo por youtube.

Os fregueses desta parroquia monfortina teñen xa á súa disposición a misa no canal de youtube creado polo seu cura. A iniciativa xurdiu hai unha semana e xa conseguiu superarar os mil subscriptores. A idea é poder emitir a misa en directo.

O párroco agradece a difusión que esta iniciativa está a ter. As misas xa se poden visionar en youtube, buscando por parroquia estación de Monforte, unha forma de manter a comunidade a pesar da confinamento.

Noticias web

22/03/2020