CRTVG

Buscar

Máis de mil familias quedaron sen vivenda na Palma desde que empezou a erupción

Publicado o 22/10/2021 20:24

O volcán continúa en fase efusiva, expulsando lava, cinsas e gases á atmosfera. Nas últimas 24 horas botou 28.000 toneladas de dióxido de xofre. Unha cantidade aínda moi alta, que indica que está en plena actividade.

A lava esténdese por dez coadas, que cobren unha superficie de 886 hectáreas da illa. A máis destrutiva é a que entrou no barrio de La Laguna, que avanza moi lentamente." Produciuse unha ralentización xa dentro do centro urbano, agora mesmo está moi parada", explica o voceiro do Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias, Miguel Ángel Morcuende 

Este venres houbo que desaloxar 140 vivendas máis do municipio de Tazacorte:"É a casa que construíron meus avós, que acabou de amañar miña nai, onde nos criamos eu e os meus irmáns", lamenta un deles. 

Un operativo de 700 persoas está traballando na Palma. O presidente do Goberno volverá este sábado á illa, por quinta vez desde que empezou a erupción, para seguir a evolución do volcán e para concretar axudas para os afectados.

Noticias web

22/10/2021