CRTVG

Buscar

Máis de medio millar de persoas son diagnosticadas anualmente de cancro renal en Galicia

Publicado o 25/04/2019 17:07

Máis de medio millar de persoas son diagnosticadas anualmente de cancro renal en Galicia, unha doenza silenciosa que nunha porcentaxe significativa dos casos se detecta tarde. Unha campaña informativa incide, precisamente, na importancia da diagnose precoz para a curación.

550 novos casos ao ano, máis de 170 mortes e subindo, son as cifras do cancro renal en Galicia, que afecta sobre todo homes a partir dos 50 anos e que vai a máis porque vivimos máis tempo e por factores como o tabaquismo ou a obesidade. No diagnóstico a tempo é onde incide a campaña que estes días se desenvolve en Santiago, porque, detectada en fases temperás, esta doenza pode curar nun 80% dos casos. O problema é que o cancro renal non avisa.

A maior parte dos casos abórdase con cirurxía, pero hai ensaios clínicos con inmunoterapia que avanzan resultados prometedores en pacientes que recaen.

A campaña conta co apoio activo do actor Javier Gutiérrez, o primeiro en deixar a súa mensaxe de ánimo nesta instalación.

Sensibilizar, en definitiva, para reducir a cifra de diagnósticos tardíos, que chega ao 25% na actualidade.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019