CRTVG

Buscar

Máis de cen xornalistas de 9 países acoden este ano á Rapa das Bestas de Sabucedo

Publicado o 02/07/2019 20:47

É unha das festas máis espectaculares de Galicia e a súa beleza atrae a Sabucedo milleiros de visitantes. O ano pasado foron 25.000 e este ano agardan superar a cifra. A festa gaña tamén en proxección internacional. 114 xornalistas de 9 países cubrirán esta edición. As principais axencias distribuirán as imaxes dos aloitadores a todo o planeta. Conscientes de que son xa unha icona, os organizadores da rapa das bestas coidan cada vez máis a súa festa.

Román Rodríguez. Conselleiro de Cultura."Perséguese non facer sufrir o animal, hai un tratamento moi respectuoso co animal, hai moitos criterios de sostenibilidade e respecto ao medio ambiente. Hai tamén unha maior igualdade xa que cada vez hai máis aloitadoras, que é tamén moi positivo, e creo que se está facendo un gran traballo".

A Rapa das Bestas 2019 comeza este xoves e prolongarase ata o luns 8. Ademais das rapas nos curros haberá verbenas e concertos de 15 grupos de música.
A Xunta e os organizadores traballan agora para que a festa sexa declarada Ben de Interese Cultural e siga medrando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019