Máis de cen cámaras vixían os montes galegos para defendelos do lume
O Centro de Coordinación Central de Defensa contra Incendios Forestais ten 118 cámaras repartidas nas áreas de maior incidencia do lume en Galicia, e cobren algo máis do sesenta por cento do noso territorio, uns dous millóns de hectáreas.
O día un de xullo iníciase o período de alto risco de incendio en Galicia, que en principio concluirá o 30 de outubro. Dende aquí coordinarase un dispositivo de máis de sete mil persoas, trinta medios aéreos e 360 motobombas para manter os montes a salvo do lume.
O dispositivo actívase co primeiro sinal de alarma, que pode chegar dende os postos de vixilancia dos distritos forestais, cunha chamada ao 085 ou ao 112, ou directamente coa actividade que recollen estas cámaras en tempo real. Se os axentes forestais de zona confirman a existencia de lume, dáse de alta e comeza o traballo neste centro de control. "A partir de aí toda a organización ten coñecemento de que existe un incendio e dos medios que ten asignados para a extinción", explica Tomás Fernández-Couto, director xeral de Defensa do Monte.
Os primeiros en mobilizarse son os equipos de zona e, se non abondan, actívase o seguinte nivel e entra en xogo o centro de coordinación provincial, que xestiona os medios aéreos e redistribúe os terrestres. No punto máis alto desa cadea está o Centro de Coordinación Central en Santiago. Se é preciso, explica o director xeral, dende aquí establecerán a mobilización de medios aéreos "de calquera provincia a calquera punto de Galicia"Son 118 cámaras repartidas nas áreas de maior incidencia do lume en Galicia, e cobren algo máis do sesenta por cento do noso territorio, uns dous millóns de hectáreas. Con estes datos, a información meteorolóxica e a que chega dende os postos de vixilancia dos distritos forestais, neste centro de control comeza a toma de decisións e a organización dos operativos de extinción. O día un de xullo iníciase o período de alto risco de incendio en Galicia, que en principio concluirá o 30 de outubro. Dende aquí coordinarase un dispositivo de máis de sete mil persoas, trinta medios aéreos e 360 motobombas para manter os montes a salvo do lume., ou de medios terrestres "dunha provincia a outra".
Aquí xógase outra baza esencial para a loita contra o lume: a anticipación. Recollen datos meteorolóxicos ou sobre o estado da biomasa no monte para prever a evolución dunha alarma, e dan información en tempo real aos efectivos que están sobre o terreo. O obxectivo é reforzar o seu labor, e que poidan actuar nun prazo de quince minutos en calquera incendio que se produza.