Máis de 900 persoas participaron nas accións da Plataforma polo Emprego en 2018
Publicado o 12/06/2019 14:18
Novecentas cincuenta persoas participaron en accións da Plataforma polo Emprego, dedicada á inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión.
É un dos datos do informe de 2018 que presentaron hoxe en Santiago. Segundo a plataforma, grazas á formación e ao asesoramento, lograron 96 insercións laborais, pero só nove foron contratos indefinidos.
A secretaria xeral de Emprego participou neste acto, onde salientou a importancia da colaboración coas entidades sociais e lembrou algúns dos programas da Xunta a prol da integración.