Máis de 9.000 peregrinos elixiron a Vía da Prata o ano pasado
Publicado o 08/05/2019 20:53
Veñen de Eslovaquia. Hai anos fixeron o camiño francés e agora deciron percorrer a Vía da Prata dende Salamanca.
Hoxe farán noite en Cea, como este outro peregrino de orixe belga que partiu de Sevilla e que se define como un adicto aos camiños que levan a Santiago.
Nesta época do ano, a maior parte dos que percorren a Vía da Prata son extranxeiros e case todos fixeron antes outras rutas.
Un camiño duro, din, pero con moitos segredos por descubrir que cada ano elixen máis peregrinos. Só no mes de abril, por este albergue de Cea pasaron máis de 600, aínda que o forte está no verán, como comenta o seu responsable, Orlando Torres.
O ano pasado percorren a Vía da Prata para chegar a Santiago máis de 9.000 peregrinos.