CRTVG

Buscar

Máis de 85.000 casos diagnosticados de coronavirus en 60 países

Publicado o 29/02/2020 15:08

A Organización Mundial da Saúde elevou este venres a moi alto o risco de expansión global do coronavirus. O número total de persoas infectadas, segundo as últimas cifras oficicias, é de máis de 85.000, a maioría na China.

A OMS tomou esta decisión ao considerar que o número de casos está aumentando moi rápido a nivel mundial. Son xa 60, os países afectados e a previsión é que siga estendéndose.

Das máis de 85.000 persoas infectadas, 79.251 correspóndenlle á China, onde nos últimos días se vai reducindo paulatinamente o número de casos: onte coñecéronse 427 novos. En total o COVID-19 causou 2.835 mortes neste país, 43 en Irán, 21 en Italia e 17 en Corea do Sur.

Desde a Organización Mundial da Saúde advirten que é fundamental que os países estean preparados para a chegada do virus e que teñan previstas as medidas de contención.

A repercusión económica desta crise sanitaria tamén está sendo moi importante. Despois dunha semana de fortes caídas en todos os mercados, o rexistro de manufacturas chinesas descendeu tamén a mínimos históricos.

Noticias web

29/02/2020