Máis de 800 novos contaxios de coronavirus en Cataluña, máis do dobre ca o sábado
Publicado o 12/07/2020 17:40

A evolución dos brotes de coronavirus en Cataluña é moi preocupante, especialmente os de Lleida e o que xurdiu en catro barrios de L'Hospitalet. Nas últimas horas rexistráronse un total de 816 novos casos, 190 deles na comarca ilerdense de El Segrià, en confinamento perimetral desde hai unha semana e onde se contabilizou unha nova vítima mortal.
As autoridades sanitarias traballan na identificación dos focos que ocasionaron un rebrote en L'Hospitalet, a segunda máis grande de Cataluña, con 107 casos nunha semana, algún deles na residencia de maiores La Torrassa, cinco deles eran "repositivizacións", persoas que primeiro deron un PCR positivo, quince día despois negativo e, agora, de novo positivos.