Máis de 800.000 mortes no mundo atribúense á covid-19
Publicado o 24/08/2020 09:03

O último reconto diario da Organización Mundial da Saúde eleva a máis de 800.000 as mortes atribuídas directamente ao coronavirus. A OMS rexistrou 5.772 defuncións máis nas últimas 24 horas.
Os Estados Unidos de América encabezan a listaxe, con máis de 176.000 falecementos, seguidos do Brasil, México, A India e o Reino Unido.
E no Perú, das 22 persoas detidas por participar nunha festa clandestina, 15 deron positivo en coronavirus. 12 mulleres e 1 home faleceron como consecuencia da avalancha humana que aconteceu cando a policía chegou ao local.