CRTVG

Buscar

Máis de 80.000 infeccións e 3.780 mortes nun día por causa da covid−19 no Brasil

Publicado o 31/03/2021 08:50
Máis de 80.000 infeccións e 3.780 mortes nun día por causa da covid−19 no Brasil

No Brasil rexistraron un novo récord de falecementos pola covid−19. Entre o luns e o martes rexistrouse o maior número de mortes nos 13 meses de pandemia: 3.780 persoas.

E a cifra de novos infectados superou os 84.000. O Brasil xa é o segundo país do mundo máis afectado pola covid−19 despois dos Estados Unidos. Alcaldes e gobernadores decretaron medidas máis duras de confinamento, illamento social e peche de actividades non esenciais.

Noticias web

31/03/2021