CRTVG

Buscar

Máis de 8.000 galegos residentes nos EUA, pendentes do resultado electoral

Publicado o 04/11/2020 15:11

Pendentes do resultado hai máis de 8.000 galegos residentes nos Estados Unidos. Algúns mesmo puideron votar porque teñen dobre nacionalidade e agora agardan saber quen os vai gobernar. Falamos con dous deles. Coinciden en incerteza e inquedanza.

Marcos preparouse para unha noite longa, que no seu caso rematou sen sorpresas. 

Estivo pendente do televisor durante horas, e foi durmir convencido de que a incerteza seguiría ao espertar.

Desde Nova York, outra galega cóntanos que nunca viviran unha noite electoral coma esta, con tanta tensión.

É a inquedanza que Pili e o seu marido vían nas rúas, por medo a posibles disturbios durante o escrutinio.










 

Noticias web

04/11/2020