Máis de 77.000 galegos xa descargaron os bonos desconto para mercar no pequeno comercio
Só hai que marcar a cantidade, darlle a pagar e pasas o código QR. Así de sinxelo é trocar os bonos desconto para mercar no pequeno comercio. En dez días de campaña máis de 77.000 galegos xa descargaron o código QR para usar os cheques.
"Compras mínimas de 30 euros, a seguinte medida 50 euros e tes dez euros de desconto", di Rosa Souto, comerciante
Se non o teñen descargado poden facelo ata final de ano ou no propio establecemento.
"Xa lles indicamos como descargar o código e xa o usamos", Mercedes Cortiñas, comerciante.
Os comerciantes notan que o consumidor vai recuperando a confianza. A previsión é que ata finais de ano coa campaña se mobilicen máis de 55 millóns de euros en compras.
Activa Comercio conta cun orzamento de 10 millóns de euros, é unha das medidas postas en marcha pola Xunta para paliar os efectos económicos da pandemia.