CRTVG

Buscar

Máis de 750.000 mortes en todo o planeta por covid-19

Publicado o 14/08/2020 08:40

En todo o planeta xa son máis de vinte millóns e medio as persoas infectadas de coronavirus. É un dos datos do balance que sobre a COVID-19 publica a Universidade Johns Hopkins, que cifra en algo máis de 750.000 os falecementos por esta causa. Os pacientes curados, segundo este estudo, son preto de tres millóns.

Os Estados Unidos mantense como o país máis castigado, con máis de cinco millóns douscentos mil contaxiados e 166.000 mortes, seguido do Brasil, que xa supera os 100.000 falecidos por coronavirus.

Noticias web

14/08/2020