Unha avaría nun transformador deixou seis horas sen electricidade 700 usuarios en Pontevedra
Publicado o 15/01/2021 13:59
Os veciños de ata seis rúas da contorna da praza de touros de Pontevedra quedaron sen luz por espazo de seis horas. Queimouse o tranformador que subministra esta parte da cidade e o servizo non se recuperou ata que foi subtituído.
Segundo a compañía eléctrica, os problemas de subministrción comezaron ás once e media da noite e o servizo recuperouse ás cinco e media da mañá. Non afectou os negocios e establecementos, que xa tiñan luz á primeira hora do día, pero si causou molestias aos veciños da zona.
Segundo a compañia eléctrica, a avaría afectoulles a máis de setecentos usuarios.
Máis sobre Pontevedra
24/02/2021 15:10