CRTVG

Buscar

Máis de 700 sancións por incumprimentos das normas covid durante esta ponte

Publicado o 22/03/2021 13:27

Máis de 3.300 axentes dos distintos corpos de seguridade participaron durante esta ponte festiva nos operativos especiais que se organizaron para controlar o cumprimento das restricións de mobilidade e da normativa sanitaria vixentes. Realizáronse preto de 2700 controis en que os axentes tramitaron 721 propostas de sanción.

Os concellos costeiros rexistraron máis movemento, pero polo xeral aseguran que os cidadáns respetaron as normas e amosan maior conciencia e responsabilidade sobre a importancia do seu cumplimento.

Como exemplo, a Policia Local de Ribeira só impuxo unha sanción nesta ponte a un veciño por non levar máscara e a un local de hostalería por incumprir a normativa sanitaria. En Rianxo, sancionaron a 9 persoas polo uso indebido da máscara. Destacan a preocupación dos hostaleiros por cumprir coas medidas establecidas.

Os axentes realizaron máis de 2400 controis en locais de hostalería en Galicia, nos que se impuxeron 143 sancións.

Noticias web

22/03/2021