CRTVG

Buscar

Máis de 7.500 aspirantes examínanse en tres recintos distintos nas probas da Xunta

Publicado o 27/03/2021 13:13

Máis de 7.500 persoas están convocadas esta fin de semana ás oposicións coas que a Xunta de Galicia prevé cubrir 476 prazas de educadores, auxiliares de enfermaría e categorías administrativas.

Os exames desenvólvense en tres sedes de xeito simultáneo: no recinto feiral de Silleda, en Expourense e no recinto ferial de Lugo.

Ademais unha das probas levarase a cabo en dúas quendas sucesivas. Todo para garantir a máxima seguridade dos opositores fronte a Covid. Os primeiros en examinarse foron os que optan o corpo de xestión, onde estaban convocadas máis de 2.000 persoas para 85 prazas.

Noticias web

27/03/2021