CRTVG

Buscar

Máis de 60 países vetan a entrada a españois e europeos

Publicado o 13/03/2020 17:00

Centos de persoas amoreábanse esta mañá no aeroporto de Madrid, para tratar de embarcar nos últimos avións que voarán aos Estados Unidos, horas antes de que comece a ser efectiva a prohibición da entrada de todos os viaxeiros prodecentes de España e doutros 25 países europeos.

Os Estados Unidos é un dos 21 países que tomaron as medidas máis drásticas para tratar de frear a expansión do coronavirus. En todo o mundo xa son 62 os países que estableceron algún tipo de prohibición ou retricións aos viaxeiros españois e europeos.

No veciño Marrocos pechouse esta madrugada a fronteira terrestre con Ceuta e Melilla, despois de suspenderse onte todo o tráfico aéreo e marítimo con España.

Outros como Rusia decidiron impoñer un illamento obrigatorio de 14 días a todos os viaxeiros procedentes de España; incumprilo levaría aparellado ata cinco anos de
cadea.

O Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda aos afectados contactar coas axencias de viaxes ou outros operadores para solucionar calquera imprevisto.
 

Noticias web

13/03/2020