CRTVG

Buscar

Máis de 6.800 axentes velarán pola seguridade da xornada electoral galega

Publicado o 12/07/2020 08:50
Máis de 6.800 axentes velarán pola seguridade da xornada electoral galega

Máis de 6.800 axentes velarán pola seguridade da xornada electoral deste domingo en Galicia, un dispositivo que estará formado por 3.791 membros da Garda Civil, 2.001 efectivos do Corpo Nacional de Policía, 927 policías locais e 147 membros da Policía Nacional adscritos á Comunidade Autónoma.

As subdelegacións do Goberno son as encargadas de adaptar a distribución dos axentes no seu territorio, para vixiar infraestruturas críticas e evitar calquera incidente desde a apertura dos colexios ata despois do reconto, con patrullas fixas e móbiles.