Máis de 5.000 persoas, convocadas para a segunda dose en Santiago e no hospital da Barbanza
"Imos coa segunda dose de Moderna", di a enfermeira.
Coma este mozo , algo máis de 5.000 persoas están convocadas para poñela segunda dose de Moderna, na Área Sanitaria de Santiago, este sábado. Hai vacinación na Cidade da Cultura e no Hospital do Barbanza.
"Nas segundas doses afluencia soe ser de case o cen por cen,a xente está vindo na súa hora, e ben", explica Pablo Domínguez Coordinador da xornada de vacinación en Santiago.
Todos teñen entre 30 e 39 anos e moitas esperanzas postas en completar a pauta de vacinación.
"Da máis tranquilidade" ." Hai que confíar na vacina. É o que nos queda", din dúas persoas , pouco despois de vacinarse.
E con esa tranquilidade da segunda dose posta, as vacacións afróntanse con precaución pero doutro xeito.
"Da seguridade" "Hai certa inerteza pero confiemos en que poidamos gozar un pouco da vida, en xeral", comentan.
Na primeira semana de agosto haberá tamén vacinación para os menores de 30 anos.
"É un grupo no que se están producindo bastantes contaxios precisamente porque están sen vacinar. É importante que asista a xente que está entre 20 e 29 anos" "Alternaremos días de primeiras doses con días de segundas doses no grupo de 30 a 39 anos", explica Pablo Domínguez.
A día de hoxe Galicia ten o 70 por cento da poboación vacinada