CRTVG

Buscar

Máis de 500 intérpretes participan no IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

Publicado o 14/07/2019 15:15

A Cidade da Cultura acolle o IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia. Participan 13 agrupacións que durante toda a xornada van compartir experiencias, xogos e, sobre todo, moita música. Pertencen a organizacións sen ánimo de lucro e hoxe amosan con orgullo o traballo e o esforzo dos últimos meses.

Para participar neste festival hai que ter menos de vinte anos. A maioría comezou a tocar cando aínda non podía nin co instrumento. Organizado pola Federación Galega de Bandas de Música, pretende tamén ser unha xornada de convivencia.

Nesta edición, aberta ao público, debuta a Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes e dirixida por Xabier Oliveira. A estrea será esta tarde a partir das sete e media.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019