CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Máis de 500 escolares participan na Feira Matemática da Coruña

Publicado o 26/04/2014 21:31
A Feira Matemática volveu deixar diversión e sorpresas na Coruña. Mentres os nenos xogan cunha xoaniña robotizada os nenos traballan habilidades tan importantes como a orientación espacial. O ábaco favorece a aprendizaxe do cálculo e estimula a memoria fotográfica, a atención e a concentración. O xogo é unha ferramenta imprescindible nesta feira que nos lembra que vivimos rodeados de números, proporcións e xeometría.

Preto de cincocentos estudantes participan nun encontro cheo de tecnoloxía e de curiosidades. Robots e impresoras en 3D conviven cos clásicos da ciencia matemática como Pitágoras.

Este ano a feira está dedicada á relación entre as matemáticas e a computación. É a oitava edición desta actividade que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí