CRTVG

Buscar

Máis de 500 coches no I Salón Outletcar de Silleda

Publicado o 14/09/2018 21:28

Agosto foi un mes espectacular para as vendas de coches, e setembro vai por bo camiño. Os que desexen mercar un coche de ocasión teñen unha cita esta fin de semana en Silleda, co Salón Outlet Car. Quen teña antoxo dun coche de alta gama a baixo prezo pode pasar ata o domingo pola Feira Internacional de Galicia en Silleda. Alí hai mais de 500 vehículos seminovos, quilómetro cero e de ocasión.

Un salón no que participan 19 empresas de toda Galicia, e que arrancou con bó pé. A polémica sobre unha posible suba dos impostos ao gasoil está nas mentes de todos. Diésel ou gasolina, Silleda ofrece ofertas para todos os petos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018