CRTVG

Buscar

Máis de 50 concellos ourensáns seguen en aviso amarelo por altas temperaturas

Publicado o 19/06/2017 14:00

Despois dunha fin de semana abafante cos termómetros rozando os 40 graos e as mínimas sen baixar dos 20, hoxe parece que darán un respiro, pero moi pequeno

En Ourense as rúas cobran vida pola mañá. É o único momento do día en que realmente se percibe un respiro nas temperaturas. Porque se o día é complicado cos termómetros rozando os 40 graos, non é moito máis agradable a noite. Aquí levan días sen baixar dos 20 graos, nin sequera de madrugada. Para moitos é difícil conciliar o sono. 

52 concellos da provincia de Ourense están hoxe entre as 15.00 e as 21.00 da noite en alerta amarela por altas temperaturas. Na cidade das Burgas a máxima prevista para hoxe é de 38 graos. As temperaturas mínimas non baixarán en Ourense dos 20 graos, polo menos ata mediados de semana.

Toca aguantar, baixar as persianas e esperar a que pase esta vaga de calor. A alerta amarela por temperaturas elevadas esténdese tamén a 13 concellos da zona do Miño en Pontevedra. A situación será semellante na xornada de mañá.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017