CRTVG

Buscar

Máis de 5.000 reservas para visitar as Illas Atlánticas esta fin de semana

Publicado o 19/04/2019 21:58

A Semana Santa é curta, pero ten cousas longas, cousas moi longas, coma as ringleiras no porto de Vigo. Tan do exterior coma, por exemplo, este camiñante surafricano que fotografa Galicia.

E tamén oímos acentos coma o ecuatoriano e o vasco. E é que apenas quedan prazas para visitar as Cíes estes días. Quedan unicamente unhas poucas para o domingo.

Outros visitantes botan só unhas horas en Galicia. Tempo abondo para que algúns se declaren impresionados.

Unha estancia moi curta que trae unha cousa longa, moi longa. Este transatlántico mide trescentos trinta e tres metros de eslora. Vaia, tres veces o largo do campo de Balaídos. Trae máius de mil douscentos tripulantes coma esta violinista rusa.

Fala abraiada dos máis de tres mil trescentos pasaxeiros. Así que recapitulemos: case cinco mil persoas trae este barco, e outras case cinco mil fixeron a reserva para visitar as Cíes ata o luns. Así constatamos que as Rías Baixas gozan de éxito grande nestas vacacións pequenas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019