CRTVG

Buscar

Máis de 5.000 persoas en Vigo na Carreira contra o Cancro

Publicado o 21/10/2018 15:53

En Vigo, a Carreira contra o Cancro bateu marcas. Máis de cinco mil persoas participaron esta mañá na súa sexta edición. Andando ou correndo todos eles saíron a rúa cun mesmo obxetivo solidarizarse cos enfermos de cancro e colaborar na investigacion desta enfermidade.

Familias enteiras optaron pola modalidade non competitiva da proba e camiñaron xuntos cinco quilómetros. Fixérono vestidos de rosa porque todo o recadado este ano destinarase integramente á investigación do cancro de mama.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2018