CRTVG

Buscar

A campaña das rebaixas vai xerar máis de cinco mil contratos novos en Galicia

Publicado o 03/01/2019 21:14

Nos negocios do Ensanche compostelán comezan a verse xa os carteis das rebaixas. É unha imaxe que se repite en toda Galicia e que terá unha importante repercusión nas contratacións. Iso din dende as principais axencias de colocación, que falan de cifras que van dende os 5.600 novos empregos dos que fala a axencia Adecco ata os 9.700 que sinala Randstad. En todo caso, os datos son superiores aos do ano pasado, entre un 4 e un 7,6 por cento máis, segundo a axencia que se consulte.

O sector do comercio é un dos que máis contrata para esta campaña, sobre todo as grandes cadeas comerciais, porque para o pequeno comercio a realidade é outra.

É que o cambio nos hábitos de consumo nótase tamén nesta campaña. De feito, ademais do comercio, os sectores nos que se asinan máis contratos nesta época son o do transporte e o da loxística, debido ao auxe das compras por Internet.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019
200 OK

OK

The server encountered an internal error or misconfiguration and was unable to complete your request.

Please contact the server administrator, crtvg@crtvg.es and inform them of the time the error occurred, and anything you might have done that may have caused the error.

More information about this error may be available in the server error log.