CRTVG

Buscar

Máis de 650 mortos en Mozambique e Cimbabue tras o paso do ciclón Idai

Publicado o 24/03/2019 21:12

A cifra de falecidos no sueste de África tras o paso do ciclón Idai, ascende xa a máis de 650 persoas, con máis de 750.000 damnificados, sobre todo en Cimbabue e Mozambique, os países máis afectados.

En Mozambique, onde Idai tocou terra o 14 de marzo, os mortos ascenden a 446, segundo as últimas cifras proporcionadas polo Instituto Nacional de Emerxencias. Máis de 110.000 persoas foron rescatadas. Tras a catástrofe, equipos de voluntarios e de rescate comezaron o repartimento de axuda humanitaria, ao tempo que os traballos para restablecer as comunicacións en moitas zonas do país.

Noticias web

24/03/2019