Máis de 400 veciños acoden ao cribado de Barreiros
A pesar da súa pouca idade, Alejo non o dubidou á hora de participar no cribado, da man de seu pai agardaba a súa quenda para facer a PCR. "Quero saber se teño covid"; "Por saúde, por saber como estamos".
Máis de 400 veciños anotáronse voluntariamente a este cribado, a maioría profesionais que traballan cara ao público. A incidencia acumulada no municipio supera xa os 200 casos por cada cen mil habitantes.
"Varias xuntanzas que fan pensar que poida haber transmisión comunitaria", di a alcaldesa, Ana Ermida. Unha desas xuntanzas é unha comida nunha área recreativa a que, ao parecer, asistiron uns 30 veciños.
A Mariña volve a estar baixo o foco de Sanidade. Ademais de Barreiros vixían a situación en Trabada e nunha parroquia de Ribadeo, onde onte se fixo un cribado e non se detectaron novos positivos.
"Dous gromos de índole familiar e profesional, pero que están delimitados", explica María José Cortés. Directora do distrito sanitario da Mariña.
Barreiros ascendía onte ao nivel alto de restricións.