CRTVG

Buscar

Máis de 400 alcaldes independentistas maniféstanse en Barcelona por un xuízo xusto do 'procés'

Publicado o 11/02/2019 08:17

O presidente da Genralitat, Quin Torra, mantén que a manifestación contra Pedro Sánchez foi un "fracaso estrepitoso" e chama ao PSOE a "recapacitar". Na súa conta de Twitter, Torra afirma que esperan os socialistas "na mesa de diálogo", onde irán falar do dereito á autoderminación", que -di- "é o consenso do 80 % da poboación.

Máis de 400 alcaldes reuníronse en Barcelona para pedir un xuízo xusto aos líderes independentistas. Expresaron que todas as accións penais contra os políticos encarcerados representan unha "vulneración de dereitos e liberdades" e esixiron a súa inmediata posta en liberdade. Entre os participantes estaba a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, e tres alcaldes do Partido Socialista de Cataluña. Foron convocados pola Asociación Catalá de Municipios. 
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019