CRTVG

Buscar

Máis de 4.000 racións de ameixa á mariñeira vanse degustar hoxe no día grande da festa do Carril

Publicado o 18/08/2019 16:35

Día grande e solemne nas festas do Carril. Alí hoxe, domingo, van preparar máis de 4.000 racións para que a proben todos os que alí se achegen. Poderanse degustar á mariñeira ata ben entrada a noite, sempre acompañadas de bos viños albariños.

A primeira Festa da Ameixa do Carril foi organizada no ano 1992 pola Confraría de Pescadores da vila. En 2014 foi declarada Festa de Galicia de Interese Turístico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019