CRTVG

Buscar

Máis de 4.000 peregrinos chegan a Santiago para celebrar o Apóstolo

Publicado o 25/07/2019 21:12

O Día de Galicia non pasa desapercibido entre os peregrinos no seu camiño a Santiago. Moitos fan coincidir o final da ruta co este 25 de xullo. Só hoxe seláronse 2.000 compostelas.

Coa emoción de estar a piques de rematar o Camiño, os peregrinos sinalaban así os últimos quilómetros da súa viaxe. Días intensos pero sen perder nunca a ilusión de rematar o Camiño fronte á catedral.

E máis aínda se é neste 25 de xullo. De casualidade ou xa programado, son moitos os peregrinos que chegan para celebrar o día Grande de Galicia.

Entre onte, día dos fogos do Apóstolo, e hoxe, a Oficina do Peregrino selou máis catro mil cen compostelas, e no que levamos de mes de xullo superan as 25.200.

Noticias web

25/07/2019