CRTVG

Buscar

Máis de 4.000 estudantes portan unha bandeira de Kuwait de 2.019 m, a máis longa do mundo

Publicado o 10/02/2019 20:23

Kuwait logrou bater a marca de bandeira máis longa do mundo, cunha tea de 2.019 metros de lonxitude, coas cores da bandeira daquel país. O evento, en que participaron varios organismos estatais, fíxose coincidir coa celebración do décimo terceiro aniversario do ascenso ao poder do xeque Sabah Al-Ahmad Al-Jaber.

Os portadores da bandeira foron máis de 4.000 estudantes kuwaitís que o fixeron nunha estrada bloqueada para o tráfico. A anterior marca tamén estaba en poder de Kuwait, cando un avión de control remoto sacou unha bandeira durante un espectáculo aéreo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019