CRTVG

Buscar

Máis de 300 solicitudes para celebrar o san Xoán en barrios e leiras da Coruña

Publicado o 21/06/2021 11:04

Tres días antes da noite de san Xoán, multiplícanse as solicitudes de permisos para celebrar sardiñadas e churrascadas na Coruña. A cifra vai camiño de converterse en todo un récord. O Concello recibiu máis de 300 solicitudes para facer sardiñadas ou churrascadas en barrios e propiedades privadas na noite de San Xoán.

Estas celebracións terán que respectar a normativa sanitaria mantendo distancias e grupos reducidos. Serán Bombeiros e Protección Civil os encargados de garantir a seguridade. As praias quedarán pechadas ás 9 da noite.

Queda polo menos un ano para volver ter unha celebración de san Xoán tal e como a viñamos coñecendo, pero hai ganas de celebrar unha das festas máis arraigadas na Coruña.

Noticias web

21/06/2021