CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Máis de 300 rapaces participan en probas do Rebumbio Matemático

Publicado o 24/04/2015 20:53



As matemáticas tamén poden ser divertidas... e senón que llelo pregunten aos máis de trescentos rapaces de sexto de primaria de toda Galicia que hoxe participaron nas probas zonais do Rebumbio Matemático. Só os mellores conseguiran pasar á fase final que se celebrará o 22 de maio.

Estes rapaces de sexto de primeira xa poden presumir, porque chegaron ata aquí e porque están entre os mellores da cidade da Coruña resolvendo problemas matemáticos.

E coma eles máis de trescentos en toda Galicia puxeron hoxe a proba as súas habilidades cos números... Pero non basta con dicir que as matemáticas son as súas favoritas... hai que demostralo. En hora en media, e por equipos. "Pensamos que o traballo cooperativo é algo útil", comenta un voceiro de AGAPEMA na Coruña.

Así é o Rebumbio Matemático, que xa suma quince edicións, da man da Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia. "Ás veces o enunciado é moi longo para que os nenos se acostumbren a buscar nel a información", apunta un dos organizadores.

Os 15 mellores grupos pasarán á final galega, que se celebrará o vindeiro 22 de maio tamén na Coruña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí