CRTVG

Buscar

Máis de 300 detidos nunha operación contra a pornografía infantil

Publicado o 16/10/2019 17:39
Máis de 300 detidos nunha operación contra a pornografía infantil

Polo menos 337 persoas foron detidas nunha operación contra a pornografía infantil na internet en España e en varios países, como Estados Unidos e Brasil, na que foron rescatadas 23 vítimas menores de idade, anunciou hoxe o Goberno estadounidense.

O Departamento de Xustiza sinalou nun comunicado que usuarios de Internet en varias partes dos EUA, así como en España, O Brasil, Corea do Sur, o Reino Unido, Alemaña, Arabia Saudita, O Canadá, Irlanda e Australia, entre outros, foron imputados e arrestados.

Ademais, 23 menores de idade residentes nos EUA, España e o Reino Unido foron rescatados.

Noticias web

16/10/2019